CHEGA O VERÁN ! ! !
Eeeeeeiiiiii compañeir@s !!! isto xa se acaba, e conste que non é sen tempo... este ano si que se luciron eh!! comezamos unha semana antes e rematamos unha semana despois !!é que no fondo os profesores bótannos en falta, por moito que o neguen, e iso vese sobre todo porque máis da metade de nós imos ter que vir en setembro...e será por algo (a parte de que non a rañamos en parte do curso), como nos queren!!!
Pero agora que o penso creo que me vai dar pena, non hai quen me entenda, todo o curso esperando que chegue o verán e agora que xa chegou... Vou botar de menos esas horas de clase botando a sesta, as horas perdidas no baño, os rautos dalgún compañeir@... en fin, moitas cousas, claro que a cámbio diso imos cambiar os madrugóns por... FESTA, FESTA, FESTA E MÁIS FESTA !!!
E por se isto o mira algún profesor... tamén haberá que estudar para setembro (se temos tempo).
E por hoxe non digo máis que xa teño os dedos algo atrofiados. A pasalo ben. Ide pola sombra, e xa sabedes... HAI QUE BOTALOS!!!

